Home Programas Espazo Aberto “Metede isto na cabeza: Sen o meu si, non”

“Metede isto na cabeza: Sen o meu si, non”

0
“Metede isto na cabeza: Sen o meu si, non”

O Concello de Pontevedra vén de presentar unha nova campaña contra a violencia sexual que ten como lema “Sen o meu si, non”. Dentro desta iniciativa, inclúense a instalación de ‘Puntos Morados’ durante os días de maior afluencia de xente na semana grande das festas da Peregrina. Tamén se divulgará o seguinte vídeo e se repartirán dípticos informativos.

 

A maiores desta campaña de sensibilización e prevención, o Concello de Pontevedra está elaborando un protocolo de actuación para casos de violencia sexual. Na súa constitución traballan profesionais en igualdade e o persoal do Centro de Información á Muller para, despois, ser aprobado na Mesa técnica de coordinación para a loita contra a violencia de xénero.