O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Marcos Maceira e a membro da súa Comisión Permanente, Celia Armas, rexistraron hoxe máis de 28.000 apoios á ILP “Sentido Común” de medidas para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.
Foron 28.000 nons contra a inacción en relación ao galego
O propio presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, explicou a importancia destes apoios e criticou a inacción das institucións que deberían garantir o futuro da nosa lingua
.@amesanl rexistra no Parlamento os máis de 28.000 apoios á ILP #SentidoComun
Máis info ???https://t.co/dxAd4iXEqr pic.twitter.com/IoQ9dqQNDn— Nós Televisión (@NosTelevision) 20 de septiembre de 2017
A proposta deberá contar, agora, co apoio do Parlamento Galego
Logo da presentación diante o rexistro que se realizou hoxe a proposta debaterase nas vindeiras semanas. Se o voto é favorábel comezará o proceso de transformación en Lei.