A Mesa pola Normalización Lingüística abriu en 2008 un servizo gratuito denominado Liña do Galego onde reunir as queixas ou os parabéns da cidadanía en relación ao uso do galego na vida cotiá con institucións e organismos. No informe de 2016 a actividade deste servizo aumentou pola creación dunha aplicación móbil rexistrándose. En total, foron 339 queixas, 24 consultas e 68 parabéns.
A entidade defensora da lingua pensa iniciar unha campaña de recollida de sinaturas coincidindo coa súa asemblea que terá lugar o vindeiro 18 de febreiro no Museo do Pobo Galego.
No informe presentado na Libraría Couceiro de Santiago os datos indican que o 51% das queixas son coa propias Administracións e dentro delas encabeza a lista é o Sergas seguida da Administración local e da Administración do Estado. Respecto ás empresas privadas, encabezan a lista as empresas de servizos as cales recriminan aos seus clientes o uso da lingua galega e se lles obriga a usar o castelán para completar os ditos servizos.