A Mesa pedirá “sentido común” no ámbito socioeconómico a través dunha ILP de dereitos lingüísticos

Os dereitos lingüísticos do galego seguen a ser vulnerados a diario no noso país. Malia ser lingua oficial en ámbitos como o socioeconómico son múltiples as queixas da cidadanía que recolleu A Mesa pola Normalización Lingüística a través da súa aplicación “A liña do galego”. Por este motivo esta entidade comezou a recoller sinaturas para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular para garantir eses dereitos.

A Mesa precisa reunir un mínimo de 10.000 sinaturas para presentar esta ILP e que se leve a debate no Parlamento galego


A iniciativa xa conta con apoios de entidades sociais, empresariais, sindicais e culturais que suman máis de 125 sinaturas de persoas relevantes destes ámbitos que mostraron a súa adhesión inicial. Conseguidos os apoios necesarios a ILP podería presentarse no mes de setembro.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -