
Comercio local e concello de Santiago traballarán para favorecer a recuperación dun sector, o do comercio de proximidade, que nos últimos anos está a ter dificultades. Na reunión celebrada hoxe no Pazo de Raxoi e na que participaron, ademais do Goberno municipal, os partidos da oposición e representantes do sector.
Quen?
Cámara de Comercio, a Fundación Santiago Centro, a Federación de Comercio da Provincia da Coruña, Compostela Monumental, Em-Rede, a Unión de Consumidores de Galicia e o Mercado de Abastos
O presidente da asociación “Santiago Centro” actuou como voceiro do sector do comercio e congratulouse dos pasos dados coa aprobación deste novo Plano Estratéxico
José Mª Fernández, voceiro do sector do comercio, amosou a súa satisfacción polos avances producidos https://t.co/IR8fOjhgai pic.twitter.com/VDJRgZoQhf
— Nós Televisión (@NosTelevision) 06 abril 2017
Marta Lois: “O plan responde ás necesidades do sector”
.@MLoisgonzalez explicou os obxectivos do Plan Estratéxico https://t.co/IR8fOjhgai “Impulsar e poñer en valor o pequeno comercio da cidade” pic.twitter.com/PbsYsNdIOo
— Nós Televisión (@NosTelevision) 06 abril 2017
O Plan Estratéxico de Comercio 2017-2021 comezou a súa andaina en maio do ano pasado coa realización de entrevistas a axentes comerciais da cidade. Logo tiveron lugar catro mesas temáticas ao redor do urbanismo, os hábitos de consumo, a creación e consolidación de comercios e a situación dos comercios actuais. A terceira fase foi a realización dun foro aberto onde se validou o documento que hoxe vén de aprobarse.