Desde @amesanl e a @CIGEnsino esixen a demisión da Valedora do Pobo polos desprezos reiterados contra o galego https://t.co/xPnn28cMqM pic.twitter.com/MMU9jtUGAB
— Nós Televisión (@NosTelevision) October 18, 2017
A Mesa pola Normalización Lingüística e a CIG-Ensino concentráronse diante da sede da Valedoría do Pobo para exixir a demisión de Milagros Otero Parga, polo que consideran “desprezo e amparo de vulneración de dereitos lingüísticos”. Ambas orgabizacións explicaron que a valedora ten unha actitude manifesta “en contra da xa escasa presenza da lingua galega na sociedade”.
Actúa como curmá do zumosol e francotiradora das institucións contra o galego
Na concentración falaron aos medios de comunicación Marcos Maceira, Presidente da Mesa, e Diego Boquete, secretario de Acción Sindical da CIG-Ensino. Ambos animaron á sociedade galega a mobilizarse contra o que consideran unha “persecución do galego” por parte da Valedora do Pobo.