O Mercado da Estrela quere superar os 10.000 visitantes do ano pasado

En 15 días dará comezo un dos principais eventos do decembro compostelán

Desde o ano 2012 o Mercado da Estrela é o lugar de encontro da artesanía e a música no centro de Compostela a poucos días das festas do Nadal. Esta edición vén máis ambiciosa que nunca como anunciaron en rolda de prensa as concelleiras de Turismo, Marta Lois, e de Acción Cultural, Branca Novoneyra, xunto ás directoras do Mercado, Mónica Mejías e Elena Sánchez. A aposta por este evento é total por parte do goberno municipal e mesmo anunciouse en Raxoi que se incrementará no futuro.

A organización conta con superar a asistencia da edición anterior polo que dispoñen de unha ampla e variada oferta quer gastronómica quer comercial.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Cando?

O Mercado da Estrela terá lugar os días 15, 16 e 17 de decembro ocupando o Claustro do Museo do Pobo Galego, a Zona C, a Casa do Matadoiro, a praza 8 de Marzo e o antigo Hospital de San Roque. O horario do Mercado será de 19 horas en adiante o venres 15 de decembro, e de 11 a 21 horas o sábado 16 e o domingo 17.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -