
Xulio Ferreiro renunciou esta mañá á súa acta como edil e asumíu en primeira persoa a perda da alcaldía da Coruña tras as eleccións municipais do pasado domingo. Foi nunha rolda de prensa na que, emocionado, tivo oco para a autocrítica e o recoñecemento do traballo das persoas próximas. As primeiras reaccións chegaron nesta mesma mañá a través de mensaxes nas redes sociais.
É o caso, por exemplo, do portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez.
Grazas @XulioFerreiro! E sei que nun lugar ou noutro, nunha función ou outra, o teu compromiso político por unha sociedade máis xusta seguirá!@mareatlantica segue a ser fundamental para as políticas do ben común na Coruña.
Apertas!https://t.co/7DlEC1sTsq— Antón Sánchez García (@AntonSanchezG) 29 de maio de 2019
Mesmo da deputada de En Marea no Parlamento Galego, Paula Quinteiro.
Moitas grazas @XulioFerreiro por todo o feito, e tamén por poder seguir contando contigo.
A @mareatlantica e o conxunto do espazo de ruptura galego precisan pensar e recompoñer, e as túas palabras de hoxe sinalan o camiño. Xenerosidade e mirada longa.https://t.co/splBmbM8Dl— Paula Quinteiro (@pau_qa) 29 de maio de 2019
Palabras para Ferreiro tamén de Antón Dobao que forma parte da Coordinadora Nacional de Anova.
Que abandone o Concello non quere dicir que vaia abandonar o seu compromiso. Ao contrario. Seguirá sendo imprescindible como referencia do espazo de ruptura. Seguro.
Seguimos, alcalde.— Antón Dobao (@AntonDobao) 29 de maio de 2019
A xurista, profesora, e integrante da Real Academia Galega, Alba Nogueira.
Colaborei con @XulioFerreiro en @RedeArmela, no recurso de casación de Nunca Máis, nas negociacións ministeriais da CIG. Malia desacordos nos últimos tempos, agardo que bote unha man na necesaria reconstrución de espazos amplos de entendemento. Unha boa nova para a Univ. Benvido! https://t.co/WbKNIx5nVY
— Alba Nogueira (@albadetoba) 29 de maio de 2019
Rubén Pérez, de Libera ONG.
Hoxe anunciou .@XulioFerreiro que renuncia á acta e deixa a corporación municipal.
Foi, sen dúbida algunha, o alcalde que máis defendeu a integración de políticas animalistas no Concello e así estiveron catro anos traballando dende a @mareatlantica ? pic.twitter.com/q4gYBdDV89
— Rubén Pérez (@ruben_prz) 29 de maio de 2019
Ademais das e dos que compartiron goberno con Ferreiro, como pode se Rocío Fraga.
Só vou decir, coa man no corazón: grazas por todo @XulioFerreiro
— Rocío Fraga (@rizlinha) 29 de maio de 2019