"Menos pólvora e máis tradición". Chegan as primeiras novidades dos Fogos do #Apóstolo2017 https://t.co/lyuH0cEvHL pic.twitter.com/YtTzUZ7Jk1
— Nós Televisión (@NosTelevision) July 14, 2017
Haberá novidades. A empresa Acciona encargarase de novo dos Fogos do Apóstolo tal e como anunciou o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, logo de que a Xunta de Goberno aprobara hoxe a adxudicación do contrato a esta empresa por un importe de practicamente 220.000 euros.
O alcalde explicou que este ano se valorou especialmente que a empresa se comprometa a repetir a montaxe audiovisual dous días adicionais, para garantir que a veciñanza poida observar un espectáculo.