O concelleiro de Medioambiente e Convivencia, Xan Duro, presentou esta mañá en rolda de prensa o parque infantil de Meixonfrío, que estará situado na rúa Ofelia Nieto. Trátase dunha demanda clásica da zona norte da cidade. A zona de xogos infantís estará rematada en aproximadamente dous meses e o elemento destacado dela é un columpio adaptado a tres realidades distintas: a integración, os e as bebes e as nenas e nenos.
Esta mañá @xanduro presentou o novo parque infantil do Meixonfrío https://t.co/upPP6BhZnM … Atenderá á diversidade e terá xogos tradicionais pic.twitter.com/L7hU1um73F
— Nós Televisión (@NosTelevision) 14 marzo 2017
Ademais, introducíronse dous xogos tradicionais: o tres en raia e a mariola. A área de xogos ocupará unha superficie de case 240 metros cadrados. O importe total do proxecto ascende a 58.073 euros.