Medio século de folclore galego nas Festas do Apóstolo

O vindeiro sábado celebraranse, na praza da Quintana, as 50ª Xornadas de Folclore Galego

Un ano máis, as Festas do Apóstolo gardan un oco para as agrupacións musicais de folclore de Compostela. O vindeiro sábado 28 de xullo, Cantigas e Agarimos, Colexiata de Sar, Brincadeira e Ultreia encherán da música tradicional do país o escenario central das festas.

Trátase dun evento que se vén celebrando dende o ano 1969. As catro bandas participantes agradecen poder actuar ante o público da súa cidade, polo que esta sempre é unha cita “moi agardada” por todas elas.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Medalla de Ouro da Cidade

Así e todo, o Concello de Santiago vén de premiar publicamente o traballo destas catro agrupacións. No Pleno da semana pasada, concedeuse a Medalla de Ouro da Cidade a Cantigas e Agarimos e fixéronse mencións especiais a Brincadeira, Colexiata de Sar e Ultreia.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -