Medio centenar de cacharelas públicas aloumiñarán a noite de San Xoán en Compostela

O Concello lembra as medidas de seguridade e agarda que sexa unha celebración sen incidentes

Alberto García

Compostela prepárase para conmemorar, un ano máis, a que para moitos e moitas é a noite máis máxica do ano. O San Xoán de 2018 contará na capital galega con 51 cacharelas nas rúas, alén das que obtivesen a autorización para realizalas en recintos privados. O Concello agarda que a do sábado 23 sexa unha noite sen incidentes na que o único aspecto salientábel sexa o seu carácter festivo.

Normas de seguridade

Para evitar accidentes coas cacharelas, cómpre insistir no respecto polas distancias de separación indicadas entre o lume e as fachadas, árbores ou liñas de alta tensión. Deberase evitar o uso de aerosois ou produtos tóxicos para o acendido, así como comprobar que a madeira empregada non ten cravos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As cacharelas estarán prohibidas nas prazas do Obradoiro, Quintana, Toural, Praterías, San Martiño Pinario, Cervantes, Inmaculada, Mazarelos, San Miguel, Irmán Gómez e San Agustín. Así e todo, a Policía Local e os Bombeiros revisaranas todas antes do seu acendido.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -