A ONG Médicos do Mundo presentou en rolda de prensa no Pazo de Raxoi o resultado dun informe que descubre unha triste realidade para o noso país: máis de dúas mil persoas non teñen acceso á sanidade pública por ser inmigrantes. O secretario desta ONG en Galiza, Brais Barcia, denunciou que son moitos máis os casos reais xa que moitas persoas non denuncian por temor a represalias do Estado español.
A concelleira de Políticas Sociais de Santiago, Concha Fernández, ofreceu o apoio do goberno municipal que presentará unha moción neste sentido no vindeiro pleno municipal.
A situación actual acontece como consecuencia da aprobación en 2012 dun Decreto lei que rematou coa Sanidade Pública Universal e que deixa fóra a milleiros de persoas, a grande maioría inmigrantes residentes no noso país que deixaron de ter dereito a médico.