. @FeijooGalicia escoita, o pobo está en loita #Touro#MinaTouroOPinoNon @NosTelevision @minatouropinono pic.twitter.com/n6CStcLc3u
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) February 25, 2018
A veciñanza sacou os tractores ás rúas e, tras eles, unha masiva mobilización contra o mega proxecto mineiro previsto na zona. A protesta xuntou, ademais, a ducias de representantes políticos de En Marea e do BNG, así como tamén de colectivos veciñais. En Touro semella haber unanimidade á hora de rexeitar unha mina que “non conta con ningunha garantía ambiental”
A veciñanza da zona sacou os tractores á rúa
A mobilización, que saíu pasadas as 12:00h da antiga balsa mineira, serviu para amosar novamente o rexeitamento ante un proxecto que afectaria a cerca 700 hectáreas das cales 500 son o principal sustento das explotacións agrarias e gandeiras da zona.
En #Touro onde está a ter lugar unha manifestación e tractorada contra o proxecto devastador da mina de cobre #MinaTourooPinoNON #MegaMina #Ecology #Galicia pic.twitter.com/J4KGY86R0A
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 25 de febrero de 2018
Unha “enorme ampliación” do vello proxecto mineiro
Desde a Plataforma contra a Mina denuncian que a Xunta é “incapaz de salvagardar” o benestar das e dos veciños da comarca e que a reapertura da antiga mina para extraer intensivamente o cobre durante os vindeiros 15 anos suporía unha auténtica ameaza contra o futuro da comarca.
A nosa colaboradora Pilar Aymara participou da mobilización e achegou, en directo, crónicas e imaxes da mesma durante todo o percorrido da marca.
Falei tamén con Mini sobre o proxecto e isto é o que me contou @NosTelevision @minatouropinono #MinaTouroOPinoNon pic.twitter.com/aI6cY26anI
— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 25 de febrero de 2018
Feijóo apela á “tranquilidade”
Se os informes son afirmativos, haberá mina
O pasado xoves quixemos preguntarlle ao presidente da Xunta de Galicia polas protestas da veciñanza afectada pola reapertura do complexo megamineiro no Pino e Touro. Feijóo quixo restarlle importancia ás protestas veciñais ao tempo que trasladaba unha mensaxe de “tranquilidade”
As razóns da veciñanza
Ademais de xente a pé tamén hai tractorada! @minatouropinono
Falei cos Albertos que me contan porque non queren a mina ? #MinaTourooPinoNON pic.twitter.com/8tWKyrm3Rm— Pilar Fernandez (@pilaraymara) 25 de febrero de 2018