Ao redor dunhas 3.000 persoas participaron onte na nova mobilización contra o “vertedoiro encuberto” que agora pretende establecer Toysal na Casalonga. Unha gran cadea humana de máis de 2km de longo percorreu a estrada que atravesa a antiga canteira para protestar contra este segundo intento.
“Toysal, fóra”
A empresa, que se titula propietaria dos dereitos de explotación mineira da canteira, presentou hai unha semana na Dirección Xeral de Minas da Consellería de Industria un proxecto de vertedoiro, disfrazado de plan de restauración. O plan alternativo que agora ven de presentar, que xa tiña preparado no mes de xullo, é moito máis destrutivo para o entorno que o primeiro. Se a planta de tratamento de residuos ía tratar 90.000 tn. anuais, con este novo plan supéranse as 200.000 tn. anuais de vertidos.