Home Programas Área Compostela Marzo das Mulleres en Santiago

Marzo das Mulleres en Santiago

0
Marzo das Mulleres en Santiago

O mes de marzo ten un especial significado para a reivindicación feminista. Con motivo da celebración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o concello de Santiago quere desenvolver campañas integradoras e transversais que trascendan á simple data para traballar a prol da igualdade a través de varios departamentos municipais.

Máis dunha ducia de actividades

Obradoiros, intervencións teatrais, e actividades múltiples que comezarán o 23 e o 24 de febreiro na propia sede da Concellaría de Igualdade.

Programa completo de actividades
Marta Lois, Concelleira de igualdade de Santiago de Compostela

Continúase apostando polos Premios Xohana Torres polo que o propio 8 de marzo daranse a coñecer os gañadores e gañadoras da edición do 2016 e presentaranse as bases da do 2017. Tamén do 3 ao 15 de marzo, as editoras, librarías e bibliotecas de Santiago daránlle un maior pulo a esta temática.

No mes de marzo tamén destacan a intervención artística que o colectivo As da Aghulla, da Asociación A Xuntanza de San Pedro, a obra de teatro Té con Kant, a cargo de Inversa Teatro e o partido de fútbol sala feminino que enfrontará en Santa Isabel ás seleccións de Galicia e Cataluña, o 7 de marzo