O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preguntado pola prensa sobre as declaración do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, sinalou que bota en falta unha posición “máis institucional” por parte do lider do PPdeG.

- Publicidade -

Noriega asegurou que os populares están a “repetir argumentos das anteriores eleccións” e sinalou que ve ao PPdeG “moi nervioso”. O alcalde de Santiago acusou directamente ao presidente da Xunta de utilizar as institucións no seu “xogo preelectoral”

Sorprende ver mesmo a cargos institucionais entrando case un ano antes das eleccións no xogo preelectoral

E a candidatura?

O alcalde de Santiago asegurou tamén que en relación á súa presentación como candidato haberá novidades a finais desta mesma semana, moi posiblemente o venres.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego