O exalcalde de Compostela, Martiño Noriega, insta ao presidente da Xunta exercer as súas competencias “para poñer recursos da sanidade privada ao dispor do conxunto da cidadanía” ante a crise da COVID-19. Neste sentido, fixo fincapé nos hopitais composteláns da Rosaleda e a Esperanza, ambos do grupo HM.

- Publicidade -

Nos últimos días, trascendía precisamente que a dirección dos hospitais deste grupo vén de esixirlles ao cadro de persoal que collan as vacacións para aforrar custos. Esta empresa sanitaria pechou o ano 2018 cunha ganancia de 60 millóns de euros, 4 millóns de euros máis co ano anterior.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego