O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, comentou en rolda de prensa a súa opinión ao redor da reunión que mantiveron onte o presidente da Xunta e o ministro español de Fomento. Salientou a súa satisfacción polo anuncio de que a proposta de nome para o aeroporto da cidade fora aceptada e que leve a partir de agora o nome de Rosalía de Castro. Diante dos medios de comunicación falou da carga simbólica que terá a partir de agora.
Luces e sombras
O alcalde apuntou que o anuncio dun novo retraso máis na chegada do AVE non ten porque retrasar tamén a construcción da Intermodal. Finalmente, Martiño Noriega anunciou que nas vindeiras semanas manterá un encontro coa Xunta para falar do proxecto da Estación de Autobuses e o seu entorno.