Home Programas Área Compostela Martiño Noriega reunirase co ministro de Fomento para falar das infraestruturas pendentes

Martiño Noriega reunirase co ministro de Fomento para falar das infraestruturas pendentes

0
Martiño Noriega reunirase co ministro de Fomento para falar das infraestruturas pendentes

Fomento respondeu á demanda do Concello de Santiago e haberá reunión para falar das infraestruturas pendentes. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciouno hoxe en rolda de prensa no Pazo de Raxoi.

Martiño: “Hai malestar na cidadanía”

Segundo informou o alcalde na reunión repasarase a situación do enlace orbital e das novas conexións da AP-9 ademais de tratar a execución de infraestruturas de cara ao vindeiro Xacobeo.

O Ministerio de Agricultura dálle o plantón á cidade

Na mesma comparecencia Noriega tamén deixou evidente o seu malestar pola anulación da reunión que tiña fixada para o 17 de abril coa ministra de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

O alcalde agarda que Isabel García Tejerina rectifique a anulación e dea explicacións do esquecemento por parte do seu departamento dun tema tan importante para a cidade como a EDAR.