O goberno local de Santiago está preocupado polo cumprimento das promesas de Fomento en materia de infraestructuras. Por este motivo o alcalde, Martiño Noriega insistiu hoxe en solicitar unha xuntanza co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, para tratar e estado dalgunhas delas.
Martiño Noriega explicou en rolda de prensa a súa inquietude logo da reunión que o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, Jorge Duarte, mantivo en Madrid co director xeral de Estradas do Ministerio de Fomento.
.@martinhonoriega Deste xeito, o alcalde reiterou hoxe a súa solicitude de reunión co Ministro de Fomento pic.twitter.com/uY1qCpOvtn
— Nós Televisión (@NosTelevision) 04 abril 2017
O alcalde asegura que agarda do goberno español que cumpra co seu compromiso coa cidade e neste sentido confia que o departamento de Íñigo de la Serna rectifique calquera tipo de valoración ao respecto de infraestructuras como a rotonda de Conxo ou o enlace orbital.
ARQUIVO:
Fomento acondicionará a Superficie do túnel de Conxo