Home Programas Área Compostela Martiño Noriega quere “calidade e non cantidade” no turismo que visita a cidade

Martiño Noriega quere “calidade e non cantidade” no turismo que visita a cidade

0
Martiño Noriega quere “calidade e non cantidade” no turismo que visita a cidade

O Instituto Nacional de Estatística deu a coñecer os primeiros datos en relación ao turismo que escolleu o noso país este verán para pasar as súas vacacións. Segundo apuntan entre xullo e agosto tivemos na Galiza case 2,7 millóns de visitantes. Compostela segue a sumar tamén e o alcalde da cidade, Martiño Noriega, amosouse satisfeito desta nova aínda que precisou que é máis importante a calidade que a calidade.

Noriega: “O PP está máis preocupado no turismo a granel que pola calidade do mesmo”

Compostela, pioneira

Martiño Noriega lembrou que o seu goberno leva un ano aplicando medidas para racionalizar o turismo e mesmo para abrir debates que agora están na axenda política en todo o Estado español.

Segundo os datos do INE o turista internacional incrementouse no noso país nun 6,4% ata preto dos 775.000 e o nivel de pernoitas un 11% ata os 1,3 millóns, rexistros, segundo confirma o propio goberno galego, nunca antes acadados.

http://nostelevision.gal/raxoi-insiste-e-necesario-poner-orde-no-turismo-da-cidade/