Madrid apreta. As decisións do ministro Montoro seguen a ter repercusión nos concellos galegos agora coa reclamación do IVE ás sociedadese municipais. O estatus especial destas permitíalles estar exentas do pago do IVE e agora Facenda reclámaslles este imposto. A xunta de goberno aprobou uns avais polo importe esixido mais pelexará por non ter que pagalo como explicou en rolda de prensa o propio alcalde Martiño Noriega.
Segundo o propio alcalde esta reclamación afectaría na actualidade a outras sociedades como a propia Compañía de RadioTelevisión de Galicia polo que se se consolida poría en risco a continuidade desta. A contratación dos avais é por un importe de 189.585 euros.