Home Programas Área Compostela Martiño Noriega pediralle a Felipe VI a convocatoria do Real Padroado

Martiño Noriega pediralle a Felipe VI a convocatoria do Real Padroado

0

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, anunciou en rolda de prensa no Pazo de Raxoi que na entrevista que manterá mañá no Pazo da Zarzuela co Xefe do Estado, Felipe VI, o principal tema a tratar será o Real Padroado.


A intención do Alcalde é que se realice unha convocatoria do Real Padroado para poder acordar investimentos en Santiago que mesmo poideran chegar a duplicar aos actuais como acontecera noutras etapas da cidade.

Estes investimentos poderían ser a continuación dos que quedaron sen finalizar por motivo da crise económica ademais doutros que teñan en conta os vindeiros Xacobeos 2021 e 2026. O Real Padroado está constituído polo Xefe do Estado, o presidente do Goberno español; os ministros de Educación, Cultura e Deporte, Asuntos Exteriores e Cooperación, Fomento, Economía, Industria e Competitividade, Facenda e Función Pública; o presidente da Xunta; o delegado do Goberno español en Galiza; o arcebispo de Santiago; o reitor da Universidade e o presidente do Consorcio e alcalde, Martiño Noriega.