Martiño Noriega: “Os tempos da Inquisición xa pasaron”

O alcalde responde á admisión a trámite da denuncia dunha asociación ultracatólica contra o dramaturgo Carlos Santiago

Seguimos de Entroido. Un xulgado de Compostela admitiu a trámite a querela interposta pola Asociación Española de Avogados Cristianos contra o último pregón desta popular e pagana festa que realizou o dramaturgo Carlos Santiago. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, pensa que este tipo de acusacións xudicializadas lembran a tempos pasados.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Sen percorrido

Noriega cre que unha denuncia deste tipo non debería ter moito percorrido, máxime cando se está a falar dun acto público do que non se coñecen gravacións e se está a falar por interpretacións dalgunhas persoas que asistiron.

A entidade cristiá decidiu querelarse contra o artista Carlos Santiago, por entender que cometeu un presunto delito de inxurias, de incitación á discriminación e contra os sentimentos relixiosos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -