
Onte o centro da cidade de Santiago viviu momentos de extrema violencia, primeiro pola mañá cando a policía nacional procedeu a pechar o CSO Escárnio e Maldizer que levaba en funcionamento desde o ano 2014, e logo pola tarde cando unha concentración de protesta rematou con cargas policiais.
Sobre o centro social, Martiño recoñece que en tres anos nunca houbo queixas de convivencia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, amousou en rolda de prensa o seu total rexeitamento da violencia que se viviu onte e lembrou que a súa aposta e a do goberno municipal sempre foi o diálogo e as vías pacíficas.
.@martinhonoriega: “Nunca en 3 anos tivemos problemas de convivencia” #EscarnioSomosTodas https://t.co/Uhgzetj0Fp pic.twitter.com/7kO0GT5R4W
— Nós Televisión (@NosTelevision) 31 de mayo de 2017
O alcalde de Santiago lembrou que o Centro Escárnio e Maldizer levaba varios anos funcionando, mesmo na época en que o PP estaba no goberno. Martiño Noriega criticou, tamén, o mal exemplo que se está a dar á cidadanía en relación ao coidado do noso Patrimonio Histórico.
A propiedade privada e os seus límites
A maior crítica por parte do alcalde levouna a actual Delegación do Goberno que non informou en ningún momento das actuacións que pensaba realizar tal e como veu realizando noutros casos acontecidos tamén en Santiago. Martiño Noriega lembrou que o trato cando gobernaba o PP era outro.
O Goberno Civil ocultou ao Concello a actuación policial no histórico edificio da Algalia #EscarnioSomosTodas https://t.co/Uhgzetj0Fp pic.twitter.com/Ky1PvcH3XC
— Nós Televisión (@NosTelevision) 31 de mayo de 2017