Home Programas Área Compostela Martiño Noriega: “Non ten sentido abandonar o espazo de incomodidade”

Martiño Noriega: “Non ten sentido abandonar o espazo de incomodidade”

0
Martiño Noriega: “Non ten sentido abandonar o espazo de incomodidade”

Tras catro anos liderando o goberno municipal de Compostela, Martiño Noriega destaca as políticas sociais como o punto do que se sinte “máis orgulloso”. O candidato de Compostela Aberta á Alcaldía tamén coloca no centro “a independencia”, un aspecto que considera fundamental para levar a cabo un bo goberno. “Non lle debemos nada ás grandes contratas” municipais, sostén Noriega que fai fincapé na remunicipalización deses servizos. “Falamos de remunicipalización porque xa o fixemos e porque queremos seguir facéndoo”.

Esa independencia á que apela Martiño Noriega tamén a vincula cunha campaña “inxustificable” en contra da súa xestión municipal. “Converteunos en peza de caza“, di, “e penso que se estudará nas facultades de Xornalismo”. Así e todo, para el “non ten sentido abandonar o espazo de incomodidade na institución porque foi o motor que nos trouxo ata aquí“. Por último, destaca un dos eixos que centran a atención de cara estes comicios municipais: os pactos. “Aspiramos a liderar o espazo de cambio e tamén a chegar a acordos”.