Na mañá de hoxe, o Alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, avaliou o estado actual no que se atopa o proceso dos Orzamentos participativos neste concello. O Alcalde censurou a posición dos grupos da oposición, especialmente a mantida polo Partido Popular. “Temos que valorizar un proceso que nunca se deu en Santiago de Compostela“, afirmou o alcalde