Mañá remata o prazo para a presentación das candidaturas ás primarias do PSdeG-PSOE en Santiago de cara as vindeiras eleccións municipais e, por agora, a presentación ou non do ex-alcalde Xosé Sánchez Bugallo aínda é unha incógnita así como tamén se Gumersindo Guinarte reculara, ou non, nas súas intencións de postularse para encabezar a lista.
“Eu vivo este proceso con distancia”
Ante a incógnita sobre a configuración da candidatura do grupo socialista, Noriega evitou hoxe entrar no debate aberto no grupo socialista e rexeitou valorar os rumores sobre o posible regreso do ex-alcalde.