O Tribunal Constitucional, segundo adiantou Europa Press, declarou “anticonstitucionais” dous preceptos dos actuais orzamentos xenerais do Estado, da época Rajoy, que sinalaban como “gasto” a incorporación de persoal laboral ao sector público. A medida adoptada agora polo Tribunal constitucional avala as remunicipalizacións e rescates como o que realizou o concello de Santiago do guindastre e a ORA.
Agora, a pola auga!
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, valorou positivamente a sentenza. “Non é menor, houbo moitas resistencias e moitos informes que desautorizaban a medida e agora quedan desautorizados”. Para Noriega, a medida “esta baseada no sentido común”. O alcalde de Santiago afirmou a Nós Televisión que con esta resolución poderían estudar a recuperación doutros servizos municipais “como o da auga”.
A sentenza, precisamente, tamén certifica a legalidade da recuperación do servizo da auga que realizou no seu momento o concello de Valladolid. Desde xeito, o Tribunal Constitucional admitiu a a trámite este tema logo dun recurso que interpuxeron deputados e deputadas de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea. A decisión deixa aberta a porta a novas remunicipalizacións en municipios galegos e no resto do Estado.