Home Programas Área Compostela Martiño Noriega liderará os primeiros pasos de Compostela Aberta na oposición

Martiño Noriega liderará os primeiros pasos de Compostela Aberta na oposición

0
Martiño Noriega liderará os primeiros pasos de Compostela Aberta na oposición

Martiño Noriega continuará na corporación de Compostela ata, polo menos, finais de ano. Así o decidiron as bases nunha asamblea, tal e como se comprometera Noriega. A súa continuidade como edil manterase ata finais de ano co obxetivo de “reorganizar o espazo” na súa nova función como forza da oposición se Xosé Sánchez Bugallo non conta con Compostela Aberta para un pacto de goberno, como todo parece indicar. No caso de que no 2020 Noriega renuncie, accedería á corporación María Rozas, que exerce de tenente da alcaldía e responsable de Facenda nos últimos catro anos.