O Alcalde de Santiago e co-portavoz de Anova lamentou esta mañá en rolda de prensa que o Bloque Nacionalista Galego non queira sumarse ao proceso das confluencias. Na mesma rolda de prensa, realizada no Pazo de Raxoi, tamén indicou que el non ve ningunha incompatibilidade entre a escolla dun candidato de consenso e a celebración dun proceso participativo da escolla do mesmo