Home Programas Área Compostela Martiño Noriega explica a aposta por unha gran capital

Martiño Noriega explica a aposta por unha gran capital

0
Martiño Noriega explica a aposta por unha gran capital

O alcalde de Compostela asistiu á poxa da festa das Uñas de San Lázaro. Tras anunciar a pasada semana a proposta de unir os concellos de Teo, Ames e Compostela, Martiño Noriega continúa desenvolvendo a súa idea.

A proposta volveu colocar na escena pública este debate no que o alcalde defende que os concellos en cuestión precisan solucións reais a poñer en práctica.

Os problemas de mobilidade e os escasos servizos nalgunhas zonas en caso de urxencia son dous dos principais factores que levan a Noriega a querer unha fusión de concellos. O alcalde explica que moitas políticas socioculturais non se están podendo poñer en práctica e que a solución é camiñar cara un espazo de cooperación.