“Por min non vai quedar o cambio político no país”. Con estas palabras,  ex alcalde de Compostela e dirixente de Anova entende a súa concorrencia ás eleccións galegos dentro das listas de Galicia en Común ocupando o posto número 3 pola provincia da Coruña. Martiño Noriega coloca ás mareas municipalistas como un “exemplo” de “responsabilidade” ao que imitar dentro “do espazo galego de cara as eleccións autonómicas”.

- Publicidade -

Galicia en Común

O candidato á Xunta por Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, secretario xeral de Podemos Galicia, ocupará o primeiro posto das listas pola provincia da Coruña seguido da súa compañeira de partido, Luca Chao. A terceira posición será para Martiño Noriega.

Miguel Anxo Fernán Vello será o cabeza de lista por Lugo e Iria Figueroa, número 2 por Pontevedra, detrás de Eva Solla, a coordinadora nacional de Esquerda Unida. Mentres a provincia de Ourense a cabeza vai para Podemos con David Bruzos.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego