O alcalde de Santiago volveu amosar o seu malestar polo tratamento “irresponsable” por determinados grupos mediáticos e de poder á hora de xerar un clima de “medo” nunha cidade que, en palabras do propio Martiño, sempre foi tranquila e pacífica.
Martiño Noriega: “Non vou alimentar discursos de medo entre a veciñanza”
“Santiago é unha cidade pacífica”. @martinhonoriega négase a “alimentar discursos irresponsables” de medo e criminalización da veciñanza pic.twitter.com/6PgbEx04kU
— Nós Televisión (@NosTelevision) 2 de junio de 2017
Nunha liña similar se manifestou esta mañá Rubén Cela, voceiro do BNG no Concello de Santiago, quen manifestou que a polémica xerada artificialmente non lle beneficia á cidade
.@rubencela insistiu hoxe que nos casos como os do #escarnioemaldizer sempre é necesario "esgotar" primeiro todas as vías de diálogo pic.twitter.com/oWos4fypPo
— Nós Televisión (@NosTelevision) 2 de junio de 2017
“Confunden facerlle oposición ao grupo de goberno con facerlla á cidade”
Desde o executivo compostelán insisten, novamente, que hai determinados grupos que confunden “facer oposición ao grupo de goberno” con facerlle unha oposición á cidade. O propio Martiño Noriega volveu insistir na súa sorpresa pola falta de “cortesía institucional” por parte da Subdelegación do Goberno por ocultar a información relativa ás actuacións policiais desta semana.