Martiño Noriega desacredita a estratexia xudicial da familia Franco: “Son trapalladas”

O alcalde de Santiago informou que haberá unha nova vista previa o vindeiro 19 de novembro que podería retrasar o xuízo polas esculturas do Pórtico da Gloria

“Estratexias dilatorias”, así calificou hoxe o alcalde de Santiago a nova vista que terá lugar o vindeiro 19 de novembro en Madrid. Deste xeito, froito da nova estratexia xudicial da familia Franco, a vista ficará aprazada ata mediados do vindeiro mes.

Tal e como explicou na mañá de hoxe o propio alcalde da cidade, a familia alegou que “aínda” non herdou o patrimonio de Carmen Franco, falecida en decembro do 2017; algo que chamou a atención á maxistrada xa que acaba de pedir unha “aclaración á familia”

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Trátase, en palabras de Noriega, dunha nova “trampa” por parte da familia para dilatar o procedemento e amosouse disposto a agardar “uns días máis” para poder demostrar xudicialmente a lexítima propiedade das estatuas de Abraham e Isaac.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -