Martiño Noriega dá por rotas as relacións co Partido Popular

O alcalde de Santiago anuncia que emprende accións legais ante a recente campaña de difamación

A campaña de calumnias iniciada polos da Gurtel e que salpica directamente a Noa Morales, Marta Lois e Martiño Noriega continúa provocando unha tormenta política no Pazo de Raxoi. “No que a min respecta dou por rotas as relacións co Partido Popular DE Santiago e nomeadamente co seu portavoz” resaltou esta mañá o alcalde da cidade.

Están traballando para a extrema dereita

Son auténticas “difamacións” reiterou esta mañá o alcalde de Santiago tras asistir a un acto público.En declaraciones aos medios de comunicación, o alcalde compostelán vinculou as denuncias do PP á “desesperación” propia do clima preelectoral. Alí, Noriega resaltou de novo o discurso do “non todo vale” e lamentou que as acusacións lanzadas na mañá de onte polo PP local “non teñen ningún sustento” e que, polo tanto, só resta exercer as accións legais correspondentes contra as campañas das “cloacas”.

Noriega vinculou a denuncia do PP cunha vella fakenews procedente do ‘OK diario’. “Están traballando para o inglés, para a extrema derecha” censurou o propio Noriega. Ademais, o rexedor compostelán tamén quixo agradecer os azos recibidos por parte de edís do resto de grupos da oposición, conscientes de que se ten “traspasado unha liña”

Isto non é acaptable nin en ningún contexto preelectoral

Precisamente, sobre as acusacións de contratar a súa parella, Noriega desmentiu calquera trato de favor. “A miña parella traballou para o goberno do bipartito e para o do PP e non neste mandato” chegou a afirmar hoxe o alcalde da capital galega ao mesmo tempo que defrendeu a honestidade e transparencia do actual goberno municipal

- Publicidade -