Martiño Noriega: “Cando VOX aínda non nacera, Paula Prado xa estaba aquí”

O alcalde de Santiago responde á deputada do PP e defende a exitosa campaña contra a violencia machista que este ano chegou a máis de cen concellos

As palabras de Paula Prado contra a campaña “Compostela en Negro” non sentaron nada ben en Raxoi. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega lembrou a traxectoria desta deputada popular con dureza afirmando que “cando VOX aínda non nacera, Paula Prado xa estaba aquí”.

O rexedor compostelán amosouse molesto polos ataques de Prado a unha campaña que definiu como “exitosa e participativa” e na que colaboran varias empresas importantes do país. Ademais Noriega defendeu o traballo da deseñadora Uqui Permui para rematar asegurando que as palabras da deputada do PP son froito das súas “obsesións”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -