Martiño Noriega: “Agardo que no meu país acabe por normalizarse a laicidade”

Como xa é habitual en Compostela, representantes do Goberno local compostelán participaron nos actos exclusivamente civís

A Praza do Obradoiro, a Catedral e o Pazo de Raxoi foron os lugares que hoxe ocuparon autoridades civís, militares e relixiosas para levar a cabo a cerimonia da Traslación dos restos do Apóstolo Santiago. Entre 50 e 100 persoas seguiron o acto no exterior que, como noutras ocasións, contou coa presenza de representantes do Goberno Local nos espazos exclusivamente civís, algo que para o propio Martiño Noriega debería ser algo normal e que mantén a coherencia do actual grupo de Goberno.

- Publicidade -

Martiño Noriega tamén respondeu ás críticas aos gobernos locais que realizou estes días o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tamén presente na cerimonia da Traslación.A ceremonia católica da Traslación dos restos do Apóstolo Santiago lembra a viaxe que realizaron os seus restos desde o porto de Jaffa ata Santiago de Compostela.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego