A proposta da Xunta de Galicia de reasignar os fondos europeos da depuradora de Santiago a outras cidades causou un enorme enfado no goberno municipal de Santiago. Nun ton máis crítico do habitual, o alcalde da cidade censurou o que considera que é un novo boicot da Xunta de Galicia a Compostela. Noriega lamenta que a proposta da Xunta de reasignar os fondos da EDAR desprende un “sesgo totalmente partidista”
Os fondos europeos forman parte da financiación que ten que aportar o Estado para a construción da nova depuradora. Así, o propio Noriega tamén quixo reiterar que se finalmente o Estado reasigna parte destes fondos para outras obras deberá ser o propio goberno central a quen lle corresponda asumir os sobrecustos.
Unha “deslealdade” para CA
Ademais Compostela Aberta lamentou a través dun comunicado o “uso partidista das institucións por parte do PP e as manobras de Ethel Vázquez para favorecer ao seu mentor Agustín Hernández” e considerou que esta manobra da Xunta supón unha nova “deslealdade” e a confirmación de que “levan meses boicoteando o proxecto da nova depuradora na Silvouta”