O alcalde de Santiago reafírmase na importancia do traballo dos concellos gobernados polas mareas como unha solución para o conflito que vive estes días En Marea. Martiño Noriega asegurou hoxe nun almorzo informativo de Compostela Aberta que a forza do cambio seguen a ser os espazos municipais.
No mesmo encontro coa prensa explicou que pensa votar esta fin de semana e non quixo valorar as decisións doutras formacións políticas como é o caso de Podemos Galicia.