O concelleiro de Cultura presentou a versión en galego de “Martes de Carnaval”, que se estrea por primeira vez este xoves. Na rolda estiveron tamén os responsables de Agadic e do Centro Dramático Galego, a directora Marta Pazos e o elenco de actores e actrices. O director de Agadic, Jacobo Sutil, salientou a importancia da integración das mulleres nos postos directivos.
O conselleiro de Cultura, @RomanLalin, na presentación de “Martes de Carnaval”, un novo Valle-Inclán en galego https://t.co/DtE3BXK2sT pic.twitter.com/1DZlcAU4N0
— Nós Televisión (@NosTelevision) 18 abril 2017
“Queremos difundir, aínda máis, a obra de Valle”
O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, explicou que entre os obxectivos do espectáculo está o de difundir a obra de Valle Inclán.
As entradas xa están á venda
O espectáculo durará 2 horas e 35 minutos e haberá un intervalo de 15 minutos entre as dúas pezas. Tras a estrea este xoves no Salón Teatro, poderá verse o venres 21 e o sábado 22 ás 20:30h, o domingo 23 ás 18:00h e do luns 24 ao xoves 27 en sesións matinais ás 10:30h. Os billetes xa se poden adquirir a través da web entradas.abanca.com e do teléfono 902 434 443, aínda que dúas horas antes da exhibición estarán á venda na billeteira.