O Nadal xa chegou a Compostela e a iluminación navideña funciona desde finais do pasado mes de novembro. Agora ben, a edil de turismo da cidade, Marta Lois, quixo defender na mañá deste martes o modelo de iluminación navideña implementado polo Goberno de Compostela Aberta e poñelo en comparación cos modelos “derrochadores” que existen noutras cidades galegas, en clara referenza a Abel Caballero que, nesta nova campaña navideña, gastará algo máis de catro millóns de euros na iluminación navideña.
Marta Lois sobre a iluminación navideña: “Hai concellos que gastan diñeiro en exceso”
A edil compostelá refírese ao modelo "derrochador" da iluminación navideña de Abel Caballero e defende o modelo implementado na capital