Home Programas Espazo Aberto María Xosé Porteiro: “É a primeira vez que hai dúas mulleres na Valedoría do Pobo e é unha oportunidade única”

María Xosé Porteiro: “É a primeira vez que hai dúas mulleres na Valedoría do Pobo e é unha oportunidade única”

1
María Xosé Porteiro: “É a primeira vez que hai dúas mulleres na Valedoría do Pobo e é unha oportunidade única”

María Xosé Porteiro vén de ser nomeada coma a adxunta á Valedora do Pobo esta mesma semana e di que “o que máis me interesa a min persoalmente é a cultura, o patrimonio natural e os dereitos das persoas. Pero ao traballar en equipo non son os intereses propios os que prevalecen”. Porteiro acalara así que as liñas de traballo aínda non están marcadas para esta nova etapa que se abre que, por certo, califica de “oportunidade única” debido a que é a primeira vez na historia que ocupan estes postos dúas mulleres.

A nova adxunta ten unha longa traxectoria na política, no xornalismo e na literatura. Porteiro destaca que neste novo cargo que comeza “hai un equilibrio entre esas paixóns” e pode unir “a obxectividade do xornalismo” coa “paixón da política”.