O 7 de novembro arranca a programación da 33 edición do festival Cineuropa que incluirá 19 estreas de películas a nivel estatal ademais de nove preestreas que xa tiveron percorrido por outras citas internacionais. Os premios deste ano estarán adicados á directora Rita Azevedo e as actrices Emma Suárez e María Vázquez.
Atendendo ao cinema galego, o ciclo ‘Paisaxes Urbanas do cinema galego’ xunta títulos contemporáneos difíciles de encadrar na mirada de nostalxia e natureza que definen outras etapas de produción. Como cómpre de agardar, a presenza galega traspasa a clásica sección especial para facerse ver na competición oficial, como é o caso de ‘Arima’, ou na de Preestreas como ‘Eroski Paraíso’ e ‘Longa noite’.
En total serán 19 estreas de películas a nivel estatal, ademais de nove preestreas de películas que xa tiveron percorridos por festivais internacionais pero que aínda non chegaron ás salas. Entre as novidades, o público poderá ver ‘Kuessipan’, de Myriam Verrealut, ‘L’adieu á la nuit’, de André Techiné ou ‘Canción sin nombre’ de Melina León.