Home Programas Área Compostela María Rozas, sobre o suposto caso de malversación: “Esa información é falsa”

María Rozas, sobre o suposto caso de malversación: “Esa información é falsa”

0
María Rozas, sobre o suposto caso de malversación: “Esa información é falsa”

Unha información aparecida esta mañá en El Correo Gallego sobre un suposto caso de malversación de fondos na xestión dunha festa de maiores por parte do Goberno Municipal de Santiago provocou a reacción de María Rozas. A alcaldesa accidental desminte taxativamente esta información e refírese a ela como “falsa”

Como noutras moitas ocasións, a información do Correo Gallego non é correcta

Aclaración do Concello de Santiago

Diante desta información, o Concello de Santiago tamén informou de que actualmente está aberta unha “información reservada” sobre a xestión desta celebración nas súas edicións de 2012 a 2016 a partir dun escrito da Concelleira de Acción Cultural do pasado 2 de maio na que daba conta de “anomalías” detectadas por parte departamento.

Ademais, desde Raxoi expresan tamén a súa “tolerancia cero con calquera tipo de irregularidade ou suposto caso de corrupción” ao tempo que tamén piden respecto pola “presunción de inocencia e co respecto polos traballadores e traballadoras do Concello”.