Home Programas Área Compostela María Rozas: “Pouco máis podemos facer como goberno na situación de Antón Barba”

María Rozas: “Pouco máis podemos facer como goberno na situación de Antón Barba”

0

O caso do concelleiro eleito Antón Barba volveu a ocupar a actualidade no Pazo de Raxoi na mañá de hoxe. A concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, ofreceu hoxe a súa opinión sobre a peculiar situación que afecta ao concelleiro destinado a ocupar o cuarto posto na lista do PSdeG municipal e que non ten previsto asumir a acta mentres Paco Reyes continúe como portavoz do grupo socialista.

“Como Goberno non debemos interceder”