O acto central do Domingo das Mozas, a ofrenda a Rosalía de Castro, converteuse nunha reivindicación do feminismo e da lingua galega a través das palabras da escritora e activista, María Reimóndez. A lucense chamou a que as mulleres tomen “a xustiza pola man” e a provocar “o cambio necesario” para rematar coas violencias machistas. Neste arranque de festas, tamén se puideron ver as vestimentas que as e os lucenses luciron cun total orgullo.

- Publicidade -