A Unión Sindical Veterinaria Galega critica a ausencia do colectivo nos comités de xestión do coronavirus. Unha das súas integrantes, María Gómez, “é interesante que as veterinais estean porque entenden as enfermidades dende o colectivo e non só dende o individual: confinarnos, separar e outras cousas que non se fan por falta de medios como a identificación, etc. faise de sempre na veterinaria”. Gómez reclama o recoñecemento da profesión dentro da sanidade pública e a rebaixa do IVE.
A saúde medioambiental, a saúde animal e a das persoas deben estar conectadas para poder falar dunha saúde real e integral segundo explica a veterinaria María Gómez que tamén nos explica o nacemento da USVEGA, o convenio estatal de veterinaria e o futuro polo que loitan.