María Corral (PP): “Todas as campañas contra a violencia de xénero son benvidas”

María Corral considera que non hai polémica entre a Xunta e o Concello de Santiago polas diversas campañas contra as violencias machistas

Un ano atrás, a dirixente do PP, Paula Prado, atacou con dureza no Parlamento Galego a campaña ‘En negro contra as violencias’. Hai poucos días, o Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nas pedia sentidiño cos recursos á hora de facer campañas en relación á violencia machista e semellaba sinalar co dedo a exitosa campaña impulsada tres anos atrás polo Concello de Santiago.

- Publicidade -

Son cada vez máis as voces que piden que a Xunta de Galicia se sume á campaña cidadá que xurdíu en Compostela pero, polo de agora, iso non será posible. Novamente, o Goberno galego optou por impulsar a súa campañas propia e distribuila dun xeito paralelo á campaña ‘En negro contra as violencias’

Lonxe das críticas quere situarse agora o PP local. Deste xeito, desde Nós Televisión quixemos conversar coa concelleira do grupo municipal do PP no concello de Santiago, María Corral, para saber que opina. “Para min non hai ningunha polémica”, asegura, “todas as campañas son benvidas”. A propia Corral pensa que o problema é tan grave que mesmo sería necesario unha concienciación “individual” como ela mesma afirma practicar.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego